Non se me ocurreu mellor cousa que ” Bo día”.
Benvid@s ao meu blog. Disque un non é ninguén nestes días sen un blog. Aínda que mais ben habería que dicir que un non é niguén nestes días sen repercusión pública. Exasero? Claro que si. De todas maneiras é estupendo poder contar cunha ferramenta coma esta. Un fai por apetito. Un fai por darse e recibir algo a cambio. Aínda que na maioría das ocasións un fai por que non facer é moi aburrido.
Neste caso fago por levar un diario do meu traballo como músico e como profesor de música. Como letrista e como compositor e arranxista. Como oínte e lector, como ser ávido sen remedio.
A miña máis importante labor como autor, ata o de agora, a desenvolvín como guitarrista do grupo folk Liorna, cos que editei 3 discos antes de desvincularme do proxecto. Neste momento estou escribindo un libro de música Orff para Edicións do Cumio. Trátase dun traballo adicado principalmente a proporcionar recursos didácticos para mestres e profesores de música que imparten ensinanzas en primaria e secundaria.
A idea do libro xurdíu do traballo que desenvolvo como profesor de música e como director da Orquestra Orff do IES As Bizocas de O Grove que fundei durante o curso 2006/07 coa excusa do Certame de poesía Xosé A. Barral que cofundamos a miña muller e máis eu como membros do equipo de biblioteca do instituto. Si, moitas cousas. Pero a maioría das veces, un fai por que non facer é moi aburrido.
Maio 1, 2008 at 6:01 pm
Hombre!!!
Q sorpresa!Andaba yo mirando la página de Liorna haber si había algo nuevo y mira por donde encontré tu blog!!!Jejejeje pero bueno en la foto no es que se sepa muy bien que eres tu..! Por cierto que aun no tuve tiempo ni me acordé tampoco de decirtelo, pero bueno…ENHORABUENA por lo de la orquesta del instituto, una iniciativa muy buena, por lo menos los alumnos estan contentos, o eso por lo menos es lo que yo oigo!!!Pues na muchos saludos..!!!!
Gabriela López
Xuño 22, 2008 at 10:21 pm
Hombre
Ande que un blog tullo e
ta bien me gusta.
Seso duran jejeje q bueno
bueno felicidades por el niño
Chao buen verano
Xuño 23, 2008 at 5:56 pm
Gabriela: perdona a demora na resposta, non me puxen o blog en marcha de verdade ata o sábado pasado. E qué ben que o fixen! De súpeto isto está cheo de xente!
Dany: me alegro de que te guste el blog. No dejes de pasarte por aquí, iré dejando cosas para que os divirtais.
Saludos!
Xuño 29, 2008 at 11:45 pm
Moitísimas felicidades, sesiño. Maravilloso blog, impresionante orquestra orff, espectacular compositor pero mellor aínda como compañeiro e persoa. Deséxoche o mellor nesta nova andadura no mundo da música e da vida, ainda que xa sabes que sempre te botaremos de menos no grupo. Noraboa por todo, pero sobre todo por esa nova vida: Manuel. Mil Bikiños para Olga e para ti.
Xuño 30, 2008 at 3:49 pm
Grazas Montse!
Un bico!