De esquerda a dereita, a Orquestra Orff do IES As Bizocas máis Pablo Bernárdez Mato -o primeiro pola dereita dos sentados arriba-, o profe de música do CEIP As Vizocas que colaborou xenerosamente coa súa zanfona.
Gosto moito desta foto porque fala de cada un, de cada unha e do ben que o pasamos. Ese foi o día do primeiro concerto da segunda edición do festival Música nas túas palabras, na Casa da Cultura de San Vicente de O Grove, o xoves 19 de xuño.
Nalgúns casos si que se cumple iso de que a cara é o espello da alma. Mellor habería que dicir que este é o retrato colectivo dun momento e dun empeño. Vexo ao fondo a Lissett en plan pose, a Sara como reclamándolle algo ao obxectivo, a Irene coa súa reserva de pensamento no ollar, entre ela e Claudia a imaxe esquiva de Álvaro, Rodrigo semella xogar co cabaliño de xoguete, aínda que o que en realidade está facendo é completar a composición tanto formal como narrativamente (e o mellor é que el é absolutamente consciente diso), Daniel coa súa inseparable frauta tenor…e os de arriba? Mirade a Cristian, o segundo pola esquerda, semella dicir: por fin, estou na orquestra!
Se queredes saber o que tocamos e con que medios podedes baixarvos o programa.
Cómo nos saíu? Quedamos máis contentos o segundo día, no concerto para o instituto estabamos máis relaxados e cun día máis de experiencia. Houbo momentos en que ata nos permitimos facer música. Non sei se me explico.
Esta experiencia orff está resultando moi gratificante e o feito de que unha simple idea cale na xente e acabe por ser parte da súa vida non deixa de parecerme un miragre.
Grazas

Xuño 22, 2008 at 12:56 pm
Ola profe como non nos dixeches nada de que tes un blog?
Bueno un saúdo e ata o ano que ven. Esperemos que o concerto nos saia aínda maior.
Xuño 22, 2008 at 1:29 pm
Ola Carlos!
Pois non vos dixen nada porque ata onte non comecei a poñerme un pouco a darlle forma.
Un saúdo para ti tamén. É sempre unha alegría saber de vos.
O dito, o ano próximo máis e mellor.
Xuño 22, 2008 at 10:24 pm
Díxome Carlos que me pasara e este blog esta moi ben. Aver si para o ano que ben xa son oficial dende o principio.
Un saúdo.
Xuño 23, 2008 at 3:27 pm
[...] educativa das Bizocas por contar con este luxo de festival e, en especial, a José Manuel. No seu novo blogue (benvido!), podedes acceder á crónica e ao programa do [...]
Xuño 23, 2008 at 3:36 pm
Ola!
Non podía pasar deixar a oportunidade de deixar constancia deste festival no Caderno de Lingua. Noraboa!
http://cadernodelingua.wordpress.com/2008/06/23/festival-musica-nas-tuas-palabras/
Xuño 23, 2008 at 5:52 pm
Non te preocupes Andrea, que co interese que amosas e a túa capacidade para pensar e entender a música, contamos contigo desde o principio o vindeiro curso.
Encántame que me fagades visitas, aínda que sexa virtuais!
Xuño 23, 2008 at 5:53 pm
Román…sen palabras me deixas.
Unha aperta!
Xuño 27, 2008 at 4:57 pm
[...] Manuel Durán: guitarra Pablo Bernárdez Mato: zanfona Rodrigo Alvarez: piano Festival Músicas nas túas palabras 2008 Enviado por blog1231 ás 18:50 Categoría: Musica Comentarios [...]