
Xa queda menos para celebrarmos unha nova edición do Festival Música nas túas palabras, no que a Orquestra Orff IES As Bizocas interpreta o repertorio no que levamos traballando todo o curso, que inclúe a estrea dos dous poemas gañadores do III certame de poesía Xosé A. Barral, que unha vez musicados, van collendo forma definitiva cos arranxos, colaboracións…
Este ano aproveitamos a oportunidade que nos brindou a asociación Con Negro de ir quentando motores tocando nas festas de San Vicente e agora xa estamos impacientes por voltar ao escenario.
Vai ser o 22 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, en O Grove.
Agardámosvos!
Xuño 3, 2009 at 11:16 pm
Anotaremos o día na axenda e… moita merda!
Xuño 4, 2009 at 9:02 pm
Grazas Román!
Vémonos?