Mañá é o día. Todo o traballo dun ano vai ser posto a proba na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, en O Grove, ás 20:00 h.
Como xa vos dixen nun post anterior o programa deste ano céntrase na obra do compositor e pedagogo neerlandés Jos Wuytack (1935), do que imos tocar dúas pezas; Variations sur un air de pendule, (tema e nove variacións a modo de suite de danzas sobre a famosa melodía das campás de Westminster) e Bolero, á maneira do que conpuxera Maurice Ravel, mais para instrumental Orff.
Non faltará a lectura dunha selección dos poemas presentados ao III Certame de poesía Xosé A. Barral e, como remate, tocaremos os poemas gañadores deste ano.
Conto con tod@s vos!