foto-7.jpg 

Non se me ocurreu mellor cousa que  ” Bo día”.

Benvid@s ao meu blog. Disque un non é ninguén nestes días sen un blog.  Aínda que mais ben habería que dicir que un non é niguén nestes días sen repercusión pública. Exasero? Claro que si. De todas maneiras é estupendo poder contar cunha ferramenta coma esta.  Un fai por apetito. Un fai por darse e recibir algo a cambio.  Aínda que na maioría das ocasións un fai por que non facer é moi aburrido.

Neste caso fago por levar un diario do meu traballo como músico e como profesor de música. Como letrista e como compositor e arranxista. Como oínte e lector, como ser ávido sen remedio. 

A miña máis importante labor como autor, ata o de agora,  a desenvolvín como guitarrista do grupo folk Liorna, cos que editei 3 discos antes de desvincularme do proxecto.  Neste momento estou escribindo un libro de música Orff para  Edicións do Cumio.  Trátase dun traballo adicado principalmente a proporcionar recursos didácticos para mestres e profesores de música que imparten ensinanzas en primaria e secundaria.  

A idea do libro xurdíu do traballo que desenvolvo como profesor de música e como director da Orquestra Orff do IES As Bizocas de O Grove que fundei durante o curso 2006/07 coa excusa do Certame de poesía Xosé A. Barral que cofundamos a miña muller e máis eu como membros do equipo de biblioteca do instituto. Si, moitas cousas.  Pero a maioría das veces, un fai por que non facer é moi aburrido.  

 

Advertisements