Estes son os dous poemas gañadores do IIº certame de poesía Xosé A. Barral, tal como os tocamos o venres 20 de xuño na Casa de Cultura de San Vicente de O Grove.  Non podo deixar de agradecerlle a Pablo Bernárdez Mato a súa colaboración no traballo de convertir en canción uns poemas que en si mesmos xa o eran.

Parabéns a Ana Otero Naveiro por “Perdida na escuridade” e a Lara Rodríguez Triñanes por “Sentimentos”.  Tamén ás profesoras María Esther López Fraga e Nieves Peña Pazos por supervisar a maior parte dos poemas presentados ao concurso e deixar neles un pouco de si mesmas. A Patricia Arias, Antón Mascato, Tito Díaz e a Ramón Caride por dinamizar o proxecto e formar parte do xurado. A Xosé Antón Barral, a Cándido Mascato e a tod@s os que apreciades esta iniciativa e a facedes vosa..

Outra vez, e non abonda: grazas.

Perdida na escuridade (Ana Otero Naveiro, música Seso Durán coa colaboración de Pablo Bernárdez Mato)

Sentimentos (Lara Rodríguez Triñanes, música Seso Durán coa colaboración de Pablo Bernárdez Mato)

Lisset Álvarez: Voz

Rodrigo Álvarez: Teclados

Irene González: Frauta de bico alto

Pablo Bernárdez Mato: Zanfona

Seso Durán: Guitarra

Para traducir ao castelán ou ao portugués