Ufff!!!

A de cousas que pasan últimamente!!!

Entre outras o comezo dun novo curso con todo o que iso implica en términos de prantexamento de estratexias e posta en práctica de proxectos ilusionantes que, aínda que semella que funcionan, teñen que pasar pola propia experiencia.  Temos que validar por nós mesmos para sermos parte.  E niso estamos.

Andaba eu leirando co asunto de achegar a música feita en galego ao meu alumnado cando atopei  Lip Dub. Trátase dunha nova aportación da cultura popular que desde fai un tempo está de moda en Alemania, Francia, Italia, EEUU, Reino Unido…  Mesmo hai unha web, University Lip Dub, na que a Hochschule Furtwangen University de Alemania o presenta como unha vía para conectar as facultades de todo o mundo nunha mostra dos lugares, do ambiente e das persoas que conforman o mundo universitario.  Cando souben desta web non puiden evitar soñar desperto: Qué tal se facemos un IES Lip Dub?

A idea semella sinxela:  Facer o video clip dunha canción xa existente no que pode participar un “cantante” ou varios, incluíndo extras, coreografía… O ideal é facer un colectivo e hai exemplos impresionantes na rede.  A dificultade está en acadar a sincronía perfecta entre audio e video e na posta en escena, posto que un lip dub que se precie ten que estar filmado dunha vez, sen cortes nin montaxes, nin edicións, nin post-producións…técnicamente diríase que hai que rodar nun só plano secuencia.  Iso require compromiso, ensaio, disciplina, tirar esa absurda vergoña paralizante pola fiestra, fixar unha meta e acadar un obxectivo común; desde o meu punto de vista unha actividade que nin pintada para traballar co meu alumnado de música no IES As Bizocas.

Déixovos un exemplo (tedes unha tonelada deles en vimeo), quizais alguén se anime a sumarse, creo que nós imos comezar con algo de The Homens.

Advertisements