Polo boletín informativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria souben que a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pon ao noso alcance un buscador de recursos musicais que contén 2000 fichas de compositores e compositoras do noso país dentro da chamada música artística.

Podemos realizar as nosas búsquedas por voces, instrumentos e formacións, así como por autor ou título. Desde Marcial del Adalid a Margarita Viso estamos a un click de distancia dun rexistro exhaustivo que mesmo recolle o grao de dificultade de execución da obra obxecto da nosa procura.  Mellor que mellor: a maior parte das obras pertence a autores aínda en activo.

Con algunha ausencia que máis cedo que tarde será presenza, a tarefa de superarmos a esquizofrenia de descoñecer a música que nós mesmos facemos segue en marcha.  Parabéns e adiante co empeño.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

Advertisements