O programa prensa escuela de La Voz de Galicia vén de mudar a súa rede de blogs escolares á plataforma coa que se fai este mesmo blog, WordPress.  Aínda que nunha versión reducida, supón un avance con respecto á que ata o de agora utilizábamos en @s mec@s,  o blog do I.E.S. As Bizocas, pois as posibilidades de edición de posts, incluído  o manexo de arquivos multimedia, son moito máis numerosas. Mesmo alguén pode atopar unha escusa para deixar de terlle medo ao html.  Xa sabedes que a facer se aprende facendo, non vos hai moito máis misterio.

En ´agora rede clickei nun link a un titorial sobre o manexo de wordpress 2.5 que Xano, un profe moi implicado no desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación no ensino,  deixou en calameo, unha web onde publicar e compartir documentos de todo tipo que, aínda que en fase beta, ten máis que simple potencial. 

Aí o tedes, facede click na imaxe da dereita e botádelle unha ollada (o meu alumnado de 4º moi especialmente), veredes o sinxelo que resulta abrir unha porta ao mundo e entrar nel. Sempre hai moito máis do que parece.

Se vos animades podedes crear o voso propio blog nesa ou en calqueroutra plataforma, é de balde deixar de ser espectadores pasivos da realidade e comezar a conformala.  De balde? 

Grazas outra vez Xano!!!