0194247001211900841-a-represion-linguistica-en-galiza-no-seculo-xxEste era un libro ao que lle tiña gañas desde que souben da súa autora, María Pilar Freitas Juvino, a través dunha entrevista que lle fixeron na edición de Galiza do xornal El País. Ao final acompañoume durante máis de dous meses dentro dunha tempada de tregua ao meu habitual réxime compulsivo de lecturas. Durante este tempo pasaron unhas cantas das relacionadas co chamado conflito lingüístico, polémica de George Steiner incluída, mais deixade que vos conte o que me pasou o martes pasado, sen ir máis lonxe.

O I.E.S. As Bizocas está pegadiño a un centro de primaria, tan pegadiño que o patio deles linda co noso. Só nos separa un pequeno muro de ladrillo, así que a cotío os balóns cos que xogan os nosos veciños chegan ao noso patio.

Nun momento da mañá no que Olegario, o profe de educación física, Nieves, de castelán, e eu entrabamos no instituto, un destes balóns cometa caíu do noso lado.  Olegario di que oíu falar aos nenos: “Mira, aí veñen os profes”, e logo unha pequena rifa sobre quen era o valente de pedir que lles devolveramos a pelota.  Eu só mirei asomar unha cabeciña, por riba do pequeno muro de ladrillo que nos separa, que deseguido preguntaba: “Por favor, ¿puede tirarnos la pelota?”.

Advertisements