Os vindeiros 31 de outubro e 1 e 2 de novembro terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o III Congreso de ensinantes de música tradicional galega organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Esta cita anual ten o mérito de ter transcendido xa o seu propio ámbito para se converter nunha cita imprescindible  para todo aquel docente da materia de música que queira completar a súa formación con recursos que só pode aportar a riqueza da nosa cultura tradicional.

O programa está repleto de relatorios, obradoiros e concertos didácticos onde trataranse temas como  a expresión corporal e a danza, a inclusión da música tradicional no ensino obrigatorio e nos conservatorios, a construción de enredos musicais, a regueifa…e conta coa participación de Susa Herrera, Antón Castro, Pilar González, Carlos Real, Emilio Lois Blanco, Luís Costa, Esteban Valverde, Ernesto Campos, Cándido Meixide, Tiano Labraña, Luís Correa…unha cita para non perder.

A inscrición aínda non está pechada, premede aquí para atopar toda a información precisa.