real-filharmonia2

Sempre me pasa que cando vexo o programa de abono da orquestra Real Filharmonía de Galicia (por estas datas cada ano, aínda que desta volta entérome cun mes de retraso), éntrame unha envexa terrible.  Eu quería vivir en Santiago e poder asistir unha vez á semana a un concerto desta xente. Despois penso que non é posible, quizais vivirei en Santiago nunha vida paralela das que non se viven ou nunha futura bifurcada das que quén sabe… logo penso que quizais será posible ter unha orquestra así en Vigo, agora que comezaron (comezaron?) as obras do novo auditorio.

Como non vivo en Santiago e os concertos son alí normalmente os xoves, a cousa está complicada. Xa sei que alguén dirá que diso nada que Santiago está a un paso e que agora coas autoestradas non hai distancias (qué aburrido ese rollo de que agora non hai distancias, algo así como anunciar o fin da historia…). Eu confórmome con asistir a algún concerto deses aos que un lle ten gañas.  O ano pasado foi “Die Schöpfung”, de J. Haydn, o anterior a “Missa Solemnis” de Beethoven.  Este ano estou en dúbidas.  Vén Bruggen  dirixir “Ein feste Burg ist unser Gott” e a quinta de Mendelssohn. Xusto antes do Nadal hai unha de Beethoven e o 20 de maio a , a e a de Haydn (unha verdadeira delicia), tamén teño que estar atento aos “ensaios abertos” para ver de levar ao meu alumnado.  Pasado mañá Paul Daniel dirixe o concerto para viola de Bartok e a de Ludwig van…

Cómo envexo aos que vivides en Santiago, xa sei que os de Coruña tamén tedes unha orquestra estupenda, a Sinfónica de Galicia.  Xa o sei xa.  Os de Vigo e asimilados non temos. Qué foi daqueles políticos do populismo dos oitenta? Que foi daqueles heroes que tanto pelexaron por que houbese un aeroporto, un complexo hospitalario, un emisario submarino e ata un scalextric no medio e medio de tódalas vilas e cidades do noso país? U-los?

Descargade aquí o programa da Real Filharmonía e aquí o da Orquestra Sinfónica de Galicia.  Vos que podedes.

Advertisements