bnÉ Bossa Nova, de Ruy Castro, un libro ameno como moi poucas veces o son os libros que contan a crónica da música popular. Describe trazando un círculo amplo os comezos do movemento desde as catacumbas dos clubs de fans de Rio de Janeiro e os grupos vocais como Os cariocas ou Os Garotos da lúa, que comezan a fusionar o samba co jazz, ata a famosa chamada de Frank Sinatra a Tom Jobim preguntándolle se gostaría de facer un disco con el.  Máis de 30 anos de músicas e letras (poucos tan conscientes do que facían como os escritores da bossa) e comezos difíciles e triunfos incribles. Bossa Nova conta sobre a única música popular que resistíu  a hexemonía da música anglosaxona e o fai con ironía e paixón descrida: “Chega de saudade”, cantaba Joao Gilberto. Deste último é o libro en moitos momentos unha biografía, na que o bahiano semella un persoaxe saído da imaxinación dun escritor do realismo máxico, mais outorgándolle todo o mérito que merece o inventor dese cantar baixiño e desa maneira tan especial de tocar a guitarra, con esas harmonías jazzísticas e ese estilo percutivo tan característico, a batida.  Non deixa tampouco de lado a larga lista de mulleres que fixeron bossa, desde precursoras como Dolores Durán, Maysa ou Silvinha Telles a Nara, Astrud Gilberto, a gran Elis Regina…desta última escoitade Elis & Tom, o disco que editou con Jobim no ´74.

De certo é Antonio Carlos Jobim o que non escapa de ser obxecto de idolatría. Non, Jobim non, iso non é posible se eres o autor de: Samba de uma nota só, Insensatez, Desafinado, Chega de saudade, Triste, Fotografía, Águas de março, Corcovado, Garota de Ipanema…por certo que esa muller era real, chamábase Heloísa Eneida e é a da foto…garotaO éxito de Jobim é o éxito dunha xeración enteiriña de homes e mulleres que conseguiron que o mismísimo Frank Sinatra cantara baixiño e a duo cun home que semella non crer aìnda nin con quen nin onde está, e que ao mesmo tempo dase conta do que entre todos conseguiron. Desde eles mesmos e cos oídos ben abertos, nunha lingua que é tamén a nosa.  Quizais peque de inxenuo se digo que esa debería ser a nosa música soul. Nun mundo paralelo, quen sabe?

Bossa Nova péchase cando o panorama está a punto de ser renovado por xente como Gilberto Gil, Caetano Veloso, Chico Buarque, Milton Nascimento, Toquinho…unha colección de talento que vaise ampliando cada pouco tempo…Zizi Possi, Marisa Monte, Carlinhos Brown, Arnaldo Antunes, Lenine, Seu Jorge, Bebel Gilberto….a lista non acaba.

Sinatra e Tom Jobim xuntos. Sinatra facendo de Sinatra, quizais pensando no seu último fracaso amoroso (Mia Farrow), quizais tan só pensando en si mesmo ou en JFK e no Hotel Carlyle. Jobim nervioso, botando en falta seguramente o seu piano. Os americanos empeñábanse en que tocara a guitarra, un instrumento máis propio dun latin lover que o piano.  Disque.

Advertisements