Miles Davis

A monumetal biografía de Miles Davis que Ian Carr publicou en 1982 (e revisou anos despois) segue a ser unha cita obrigada para saber dun dos músicos máis interesantes de tódalas músicas e de tódolos tempos.

Miles transcendeu o jazz mesmo para conformalo desde os seus inicios como trompetista do grupo de Charlie “Bird” Parker.  A súa perpetua procura de novos camiños o fan aparecer sempre no momento preciso: cool, bebop, fussion..aí estaba el para levar o facho. A súa carreira é en si mesma o signo dos tempos nos que se desenvolveu.  Parafraseando a Woody Allen, a arte contemporánea é coma os tiburóns: sempre ten que ir hacia adiante.  E así foi a traxectoria de Miles Davis.  Deixándonos de paso discos inesquecibles: Milestones, Porgy and Bess, Kind of blue (do que agora conmemórase o seu 50 aniversario), Sketches from Spain, In a silent way, Bitches brew, Tutu…5 décadas de compromiso, creatividade e risco, sempre ao límite. Cos seus altos e baixos, claro.

A biografía de Ian Carr é unha biografía para iniciados. Non fuxe de tecnicismos cando considera que é necesario deterse “na maquinaria” do asunto e o libro péchase cun amplo desplegue de apéndices onde non faltan as transcricións dalgúns dos solos máis famosos de Miles.  Este é un libro que se le, mais tamén é un libro que se escoita.

Xunto ao trompetista de East St. Louis desfilan os músicos cos que compartiu andaina.  E aquí a lista xa é para cair de cu: Ademáis de Bird, xa mencionado, temos a Dizzy Gillespie, Max Roach, John Coltrane, Cannonball Adderley, Gil Evans, Paul Chambers, Bill Evans (o pianista), Jimmy Cobb, Herbie Hancock, Wayne Shorter, Dave Holland, Joe Zawinul, Chick Corea, Bill Evans (o saxofonista), John McLaughlin, Keith Jarret, John Scofield…moitos uns perfectos descoñecidos cando Miles reparou na súa valía.

Como mostra, un video histórico: “So what”

Advertisements