Lois Cousteau

O meu pai é moi afeccionado á fotografía.  Por iso non parece unha foto a imaxe que vedes.

Eu pasara toda a tarde na piscina.  En parte por que Esther, a mellor amiga da miña irmá, metérase nela…e eu estou nesa idade tan complicada.

Así que collín a cámara subacuática e fixen unha reportaxe daquela marabillosa tarde en familia.

O meu nome é Lois Cousteau e aquí estou neste mar hiperrealista, no momento en que lle sacaba a Esther a foto definitiva.  Ela fóra da piscina, secándose o cabelo. No solpor había unha luz dixital, con moito ruído.  Na foto que vedes non se aprecia.