appetite-for-self-destruction-pic1“Appetite for self destruction, the spectacular crash of the record industry in the digital age” é un deses libros que producen adicción,  imprescindible se estás interesado en entender como a revolución dixital afectou á industria discográfica e ao mundo da música en xeral.

Escrito polo xornalista Steve Knopper (que traballa, entre outros medios, para a revista Rolling Stone), “Appetite…” é un libro apaixonado, divertido e alimenticio a partes iguais. A crónica abrangue desde o boom do “Thriller” de Michael Jackson ao dramático descenso das vendas de discos destes últimos tempos, desde a chegada do CD ás descargas on line, nun relato que é a descrición dun proceso que en términos históricos só cabe cualificalo como revolucionario.

O libro publicouse fai uns meses nos Estados Unidos, non me consta que xa haxa tradución. Déixovos un link a un artigo que del ten na rede outro gran especialista en música popular, Diego A. Manrique.

Advertisements