arquivo do patrimonio oral da identidade

O pasado xoves 25 de xuño foi a data elixida para a presentación, no Museo do Pobo Galego, do arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, o APOI, que ” xorde como consecuencia da evolución do proxecto  Sons e Voces da Identidade, un programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial…”

Trátase xa dunha web imprescindible, onde temos acceso a un arquivo sonoro que recolle multitude de pezas vocais e instrumentais da nosa música tradicional.  Todas coa súa ficha, o seu rexistro sonoro e a correspondente transcrición a notación musical.

Para perderse, achar e contribuír.

Advertisements