the rest is noiseNon lembro cando comecei a ler The rest is noise, a crónica da música do século XX que publicou o crítico do New York Times Alex Ross no 2007.  O que está claro é que acabei por deixalo de lado ante a urxencia de complexos manuais de software cos que aínda ando rifando.

O libro, que entre outras honras, levou a de ser finalista dos premios Pulitzer, é unha apaixonante viaxe polas circunstancias, polas persoas e polas obras que danlle o ser ao século pasado. Complétase ademáis cun blog onde tedes acceso a un glosario de términos musicais, a unha audio guía, ou a listas de reprodución recomendadas nas que Richard Strauss alterna con Sonic Youth, Karlheinz Stockhausen con The Velvet Underground, Aaron Copland con Queen…como mesmo di Alex Ross:  non hai maneira de escapar ás interconexións da experiencia musical.