Trompos os pés na LetoniaAta o 23 de outubro está aberta a inscrición para participar no IV congreso de ensinantes de música tradicional galega que organiza a Asociación de gaiteiros galegos.  O programa deste ano inclúe relatorios e obradoiros con títulos tan atractivos como Contos na música tradicional ou O patrimonio lúdico galego. O xogo dentro da oralidade.  A iso hai que sumar concertos didácticos como o que vai ofrecer sobre percusión tradicional de man Xabier Díaz.

De todo no auditorio da facultade de veterinaria de Lugo, os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.