federico garcía lorcaO domingo 18 de outubro sae da alameda de Santiago, ás 12 h, unha manifestación que se agarda multitudinaria en defensa da nosa lingua.  Convocada pola plataforma cidadá Queremos galego e apoiada por tódolos grupos políticos da oposición no parlamento, pretende ser unha resposta cidadá aos ataques que o galego está a recibir desde as posicións máis ultramontanas do partido á fronte do goberno autonómico.

Un tamén ten a certeza de que no Partido Popular hai xente que sabe do valor do que está en xogo.  E o que temos entre máns é a pervivencia dun idioma, que como os demáis, non é só patrimonio dos seus falantes reais ou potenciais.  Cómpre deslexitimar aos que botan sobre el a infamia da imposición e desenmascarar aos que nomean a liberdade como argumento para xustificar a súa ignorancia, e todo cun discurso dunha pobreza intelectual da que non deberían participar docentes.  Mais principalmente temos que ser e estar co noso, por que non?