Los bárbaros, de Alessandro Baricco“Elegancia, pureza e medida, que eran os principios da nosa arte, véñense rendendo aos poucos ao novo estilo, frívolo e afectado, que estes tempos, de talento superficial, adoptaron. Cerebros que, por educación ou por costume, non son quen de pensar noutra cousa que non sexan os traxes, a moda, o murmurio, a lectura de novelas e a disipación moral; aos que lles custa un gran esforzo senti-los praceres, máis elaborados e menos febrís, da ciencia e da arte. Beethoven escreve para eses cerebros, e semella que ten certo éxito se lle teño que facer caso ás loubanzas que, por todas partes, vexo brotar respecto a este o seu último traballo.”

Chama a atención, verdade?  Ese párrafo, a propósito da Novena sinfonía de Beethoven, saído da pluma dun prestixioso crítico musical londinense en 1825, só un ano despois da estrea dese gran totem da cultura occidental, cítao Alessandro Baricco (Turín, 1958) no seu ensaio I barbari (Los bárbaros, na tradución en castelán que eu acabo de ler) e é tan só unha das perlas que nese libro moven ao amor pola lectura.

Un libro sobre a fin dunha civilización a cabalo do nacemento doutra, sobre asomarse e ver a onde semella ir o que acontece.

Advertisements