Nesa curva forzada á dereita o corpo de Henrique semella o das odaliscas  de Ingres.  E aínda que a foto é do verán pasado, calquera diría  que é unha imaxe dun pasado máis vello.

A proa (supoño que é a proa) prolóngase na paisaxe do fondo e o mar é unha superficie acolledora como de colcha quentiña.

A popa (e supoño agora que Henrique está na popa e o que olla é algo que bota en falta) alónxase daquel horizonte moi de vagar.

Advertisements