Chamoume a atención, durante as II xornadas galegas de ensino musical, o éxito da proposta do lip dub como actividade que nin pintada para a asignatura de música no ensino secundario (aínda que non só para a asignatura de música).  Ata o punto de que xa hai algúns institutos que levaron á rede o seu, o último do que teño noticia é o do IES Pintor Colmeiro, de Silleda. Quen sabe se ao final vai ser posible poñer en marcha un IES Lip Dub!  É dicir, convertir ésta nunha actividade que conecte diferentes departamentos de música.

Nós comezamos en As Bizocas no curso pasado con Motosicleta man, a dos Heredeiros da Crus, e agora reincidimos con Respect, o clásico de Otis Redding que fixo seu Aretha Franklin a mediados dos 60 do século pasado.

Pasámolo de medo durante a rodaxe, xa veredes…