A ver, unha adiviña: que ten en común a persoa que organizou as xiras por Inglaterra dos grandes do blues (Muddy Waters, Sister Rosetta Tharpe, John Lee Hooker…) a principios dos anos 60, con quen axustou os amplificadores de Bob Dylan e a súa banda no famoso festival de Newport de 1965 (o do nacemento do Rock), con quen dirixiu o local de concertos de moda en Londres durante o verán do amor do 67, coa persoa que grabou o primeiro single dos Pink Floyd de Syd Barrett e con quen descubriu a Nick Drake?

Si.  Teñen todo en común por que son a mesma persoa; o produtor, tour manager e executivo da industria discográfica Joe Boyd, que en White Bicycles (Blancas bicicletas na edición en castelán, na editorial Global Rhythm), testemuña de primeira man todo isto e moito máis.

Non busquedes en White Bicycles un relato cínico ou desmitificador do que aconteceu daquela, aquí non deixa de flotar a implicación persoal do autor en todo aquilo, o seu profundo respecto polo traballo dos músicos, así como o coidado de todo o que ten que ver coa música e o seu rexistro sonoro (véase a descrición das sesións no estudio Sound Techniques, oda á grabación en directo nun entorno analóxico incluída).

Por este libro pasean, ademáis dos xa mencionados; The Beatles, Fairport Convention, The Incredible Sring Band, Joni Mitchell, Led Zeppelin, The Who, The Band, Jimi Hendrix, The Rolling Stones, Marianne Faithfull…  Non hai nada que desmitificar, verdade?

Advertisements