A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega Prolingua, presentou fai xa uns meses 55 mentiras sobre a lingua galega (Ed. Laiovento), todo un manual para desmontar as barbaridades que dun tempo a esta parte véñense dicindo sobre a situación do galego e a do castelán no noso país.

Trátase dun libro valente e militante, que deixa pouso e aporta argumentos para a confrontación dialéctica, por se os precisas nesas ocasións nas que comprobas ata que punto unha parte moi importante da sociedade galega semella decidida a profundizar no feísmo, desta volta no xeito no que trata ao que debería ser o seu máis preciado patrimonio cultural, o que desde fai séculos lle dá o ser.

Gustoume especialmente un párrafo na páxina nove, onde di que os prexuízos xustifican sempre situacións de desigualdade e inxustiza que, co tempo, rematan por ser aceptadas pola maioría (a resignación).

Para os que non vos resignades e en xeral para a xente consciente, está escrito este libro.

Advertisements