Cómo ser felíz si eres músico o tienes uno cerca…como para resitir a tentación de ollar un libro con ese título, eh?

Escrito por Guillermo Dalia, psicólogo e profesor de Análise e interpretación musical na Universidade de Oviedo, trátase dun deses libros que se len mentras nos lemos: como superar o medo escénico?  é posible ser músico sen ter que selo as 24 horas?  como se leva unha relación de parella en medio da preparación dun concerto importante, ou dunha oposición?  cal sería a mellor maneira de evitar que a música ocupe tódolos recunchos da nosa vida? en realidade é a música algo tan importante?

A esas e a outras cuestións intenta dar resposta este libro que, salvo aspectos ao meu entender discutibles, como as ilustracións ou un enfoque quizais demasiado conductista, debería abrir a porta a outras achegas.