En 6 anos de ida e volta a San Vicente escoitamos moita música no coche.  Entre ela ocuparon un lugar moi destacado os discos do cantautor estadounidense Josh Rouse.  En 1972, Nashville ou en Subtítulo hai cancións dabondo como para xustificar unha carreira e poñer a este home de cara anenada no pequeno olimpo dos artesáns da estrofa e do estribillo.

Aínda que non foi o concerto do noso verán (ese semella que vai ser o que Jorge Drexler deu en Vigo o pasado día 10), ver o sábado a Josh en San Vicente, a dous pasos do instituto no que a miña muller e eu traballamos tantos anos xuntos, significou algo moi especial.

No concerto estaba a cantante Najla Shami, que filmou este video e sumou a súa voz a Love vibration, unha das que máis gustaron esa noite.