Primeiro unha aclaración: para ver Amorodos salvaxes (Smultronstället, 1957), de Ingmar Bergman, non é preciso poñerse a réxime, nen ser máis listo ca un allo, nen ter un serio problema psicolóxico, nen gravata, nen tomar esteroides para o entendemento, nen ser de algures en especial…aínda que se eres de Marín, quizais…hehehe.

O profesor Isak Borg (Victor Sjöstrom) viaxa coa súa nora á cidade de Lund, en cuxa universidade vanlle rendir homenaxe por toda a súa carreira.  Ese é o punto de arranque desta especie de  road movie pola memoria e pola herdanza emocional, pola carraxe que dá non ter feito o que xa non pode facerse e polos estragos que causan nalgunhas persoas o feito de ter recibido unha educación en exceso ríxida e represiva.

O Bergman expresionista exprésase nesta película no ambiente dos impresionistas, o da burguesía de finais do XIX e principios do XX, e tamén hai espazo para o surrealismo, para que a realidade se complete no ambiente dos soños.

Supoño que esta é unha desas obras que medran con un.

Para traducir ao castelán ou ao portugués