Cada setembro, por estas datas, desde fai xa non sei se 5 ou 6 anos, chega a miña casa o folleto co programa do Festival de Bayreuth, cunha folla para solicitar as entradas que, de cumprirse a estatística, non me van conceder efectivamente ata pasados en total uns 8 ou 9 anos.

Ese é o tempo de espera de promedio para conseguir as entradas que dan dereito a asistir a un dos acontecementos musicais más importantes e especiais do ano.  En Bayreuth, unha pequena vila da Franconia, fixo construir o compositor alemán Richard Wagner un teatro especialmente deseñado para a representación das súas óperas: Tannhäuser, Die Meistersinger, Lohengrin, Parsifal, Tristan e Isolda… e, por suposto, o ciclo do O anel do Nibelungo. O son que emana do foso da orquestra é, disque, marabilloso.

Eu, aínda que non demasiado wagneriano, quixen comezar o proceso de conseguir as entradas desta maneira,  cumprindo cada ano cun  ritual (ollo, que se deixas de solicitar as entradas un ano voltas ao final da lista), que co tempo converteuse nunha pequena rutina familiar. O normal é que ata o 2015 (habendo saúde, que, como sabedes, é o principal) non chegue o momento de gozar da experiencia.

Desde logo que un pode aforrarse todo iso mercando un pack nalgunha axencia de viaxes, mais nese caso o prezo e a emoción do asunto sonvos xa outra cousa.

Eu seguín as instrucións que Claudio Briones deixou nesta páxina en archivowagner.info e todo foi sen atranco ningún. Os meus parabéns para el polo traballo.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

Advertisements