…a estas alturas vou intentar ser optimista e pensar que todos queremos o mellor vou deixar de pensar por exemplo que a dinámica do sistema educativo está para que a administración funcione e non para que a nosa xente se forme para que se produza ese cambio de modelo económico do que tanto se fala a ver vou intentar facer un xuízo equilibrado non mellor non eu non son ninguén para xulgar nada ademáis a quen lle importa en realidade o que eu pense moi pouca xente vai ler isto moi pouca mais aínda así sabendo que estas palabras acabarán no inesgotable catálogo das paranoias persoais non podo deixar de pensar e o sentir vai a esa escena famosa de o gatopardo na que burt lancaster explica por que sicilia xamáis vai superar o seu atraso…e dígome home as comparacións son odiosas non hai que dramatizar así que vou deixar de pensar que o populismo vai rematar por devorar a xestión do común e que en realidade asistiremos á substitución das relacións xerárquicas verticais por outras horizontais e en rede vou confiar en que veremos esa transformación e vou pechar os ollos e vou pensar no meu fillo pode parecer cursi pero ser pai a min fíxome ser consciente da urxencia de que hai cousas inaplazables de que é aquí e agora e alén…alén non acredito en que haxa nada máis interesante que isto.

Volto ao comezo entón, ao optimismo.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

Advertisements