De sempre vén a fascinación que os humanos sentimos pola metamorfose.  Na mitoloxía e nas súas versións en vixencia (nas relixións), abondan exemplos de homes, heroes e deuses que mutan a vontade e adquiren as cualidades propias dos animais ou das prantas. Estas mutacións veñen moitas veces acompañadas polo control dalgunha das forzas da natureza; o mar, os ríos, a chuvia, o raio, o lume…é tan vello como o mundo.

Na nosa cultura de masas temos aos superheroes, algúns xa clásicos; a Spiderman, a Batman (o meu preferido), a Ironman, ao Capitán America, ao Increíble Hulk, esa metáfora total da ansiedade que provoca o mundo moderno…hai tantos que darían para escribir unha, dúas ou tres Ilíadas.

Do mundo rural, do mundo das sombras e da oscuridade da noite pecha de antes da luz eléctrica, temos aos licántropos, aos homes lobo, e resulta que aquí contamos co máis famoso, con Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie que a mediados do século XIX conseguíu que a mesma raíña Isabel II lle perdoara a vida tras espallarse a sospeita de que padecía o mal dos lobishome.

Sobre Romasanta, Alfredo Conde escribíu unhas Memorias incertas do home lobo (Sotelo Blanco eds, 2004) que acabo de ler.  Un libro ideal para as sombras e para a noite pecha onde ouvea o soño da razón.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

Advertisements