Non sei se precisa presentación este tremendo singer songwriter, autor de clásicos populares como Volando voy ou Los delincuentes e de discos redondos (ai, as “metáforas” de cando había discos…) como Veneno, Échate un cantecito ou Está muy bien eso del cariño.  Se aínda non sabes del olliño que é un dos grandes, un dos poucos (como Bob Dylan, Leonard Cohen ou Lou Reed) que son quen de condensar nunha pílula de canción o sentimento, a xeografía e a intención dunha maneira de ser e dicir única e universal.  Leo no seu blog:  Pero ya no puedo cambiar, y me reafirmo en todo lo que me gusta y me hizo abrazar la música; el folk de Paco Ibáñez y Bob Dylan, el blues de Big Bill Broonzy, la electricidad de Hendrix, la elegancia de los Kinks, el orgullo y la genialidad de la clase obrera de los Beatles, la musicalidad de Mozart y Beethoven, los silencios de Miles, el arranque de una guitarra callejera en Sevilla, la locura de Terremoto de Jerez… Casi ná.

Kiko Veneno anda agora promocionando Dice la gente, do que vos poño La Rama de Barcelona, o single máis directo dunha colección con xoias como Campeones de la suerte ou a que lle dá o título.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

Advertisements