A través de Román Landín, de Caderno de lingua, souben que Pilar Ponte, a profa, vén de poñer en marcha @s prof@s, un planetaki (unha páxina onde ver todas xuntas un grupo de webs de temática ou intereses similares) no que se poden seguir os blogs do profesorado galego máis activo na rede.  Así resulta moito máis doado seguir as entradas, comentar e partillar.

Se eres prof@ e queres colaborar, só tes que enviar os teus datos a pilarponte.ensino@gmail.com.  Xa somos uns cantos: Ticblog, Música no Caxado, Mis apuntes musicalesCaladiños, Iniciarte, Remexer na linguaRevolta da freixa, Carta xeométrica, o blog de Xosé Antón, o de César Salgado