Hoxe tocou revisitar a súa cantata nº 147 , a famosa Herz und mund und tat und leben, estreada en Leipzig, o día da Festa da visitación de María, o 2 de xullo de 1723.

O video que vos deixo é da aria para baixo Ich will von Jesu wundern singen (Cantarei os milagres de Xesús), dirixido por Nicholaus Harnoncourt quen, en 1971, comezara co tamén director e clavinecista Gustav Leonhardt, a grabación do ciclo completo de cantatas escritas por Johann Sebastian Bach; a aventura non rematou ata 1990.

Aí tedes o goce e o  esplendor da fe luterana subida aos ceos da man dunha música increíbel.