Non sei quen dixo (en realidade si o sei; Javier Marías, o escritor) que para fomentar a lectura sería mellor prohibir uns cantos libros e queimar outros tantos.  Así accionaríase o mecanismo xa enferruxado da paixón polo vedado, activaríase o potentísimo motor do pracer culpable e voilà, todo o mundo a ler.

A ironía de Javier Marías non é máis que un estralo de impotencia ante o pobre hábito lector que hai por aquí e o video de Toupafilms que vos deixo (do que souben a través de Charo Lorenzo, do Departamento de Orientación do I.E.S. As Barxas, de Moaña), fala doutro estralo, supoño que froito tamén da impotencia ou do abracadabra co que os políticos intentan conxurar os problemas do noso sistema educativo.

Hai cousas que en si mesmas soan raras, neste caso en concreto dúas: a innovación burocratizada e o pracer obrigatorio.

Advertisements