Hoxe tocoulle a Panic in the streets (1948), de Elia Kazan.  Un film dos menores (os maiores xa sabedes; A street car named desire, On the waterfront…) dun director xigante; cinema negro dos que se prantexaron deste a perspectiva dos bos (aquí ata o alcalde é un tipo estupendo) mais negro negro, coma unha noite de conto de medo, na súa proposta visual.

A acción, en Nova Orleans, transcorre en 48 horas, durante a caza desesperada duns delincuentes sospeitosos de ter sido contaxiados de peste neumónica pola súa última vítima. Coa ameaza permanente do espallamento dunha pandemia mortífera, asistimos ao duelo entre o doutor Reed (Richard Widmark) e o supermalo Blackie (Jack Palance), no que o peso dunhas interpretacións excelentes vale por si mesmo unha revisión.