Poucas películas coma Nobi (Lumes na chaira, 1959), de Kon Ichikawa, descreben de xeito máis cru a tolemia e a deshumanización provocadas pola guerra (aínda que, ben é certo, poucas cousas hai máis humanas que a guerra…).

En 1945 o exército xaponés nas Filipinas semellaba máis ben unha banda de zombies na procura dunha fuxida imposíbel do acoso das tropas americanas.  Nese contexto de degradación absoluta un soldado erísexe en metáfora da defensa da dignidade aínda nas peores circunstancias.

Visualmente arriscada, con moito de comic, e cunha música extrañamente romántica, Nobi é unha desas películas que hai que ver.

Advertisements