Baseados na novela homónima de Alberto Moravia, Bernardo Bertolucci, Nedo Azzini e Vittorio Storaro fixeron unha obra mestra con Il conformista (El conformista, 1970).

De beleza abraiante, no equilibrio de luz e sombras, nas cores, nos enfoques, nas roupas, nos dicires.  Todo semella parte dun plan esquisitamente trazado, onde a mestura de realidade e irrealidade, esa combinación perfecta entre retrato certo dos monstruos nacidos do oportunismo burgués ( a Italia fascista) e unha posta en escena de marabillosa impostura, fan desta unha das mellores películas da cinematografía europea.