Ao lume, ao castigo máximo.  Nada menos.  Nin expiación, nin purificación.  Non.  Ao lume directamente. Non foi dabondo crer en feitizos, en meigas, nos sacrificios humanos ou na relixión.  Ao final chegou o último recurso; queimarme cuns mistos e alcohol, que se non non ardo ata consumirme coas datas e as citas, coas urxencias e co irremediablemente posposto, co que xa se arranxará e co que xa non vai ter remedio, cos soños e as metas, coas reunións cruciais e cos ridículos cumprimentos.  Todo está aí, nesa foto que testemuña o meu fin na noitevella pasada, xusto despóis das uvas.  Queimada viva, sen recurso á reencarnación pola reciclaxe. Queimada viva entre sorrisos nervosos e ocorrencias espantallo.

Advertisements