Preguntado polo que sentía ao recibir un premio dos grandes, un famoso escritor latinoamericano (creo que era Mario Benedetti, aínda que non estou seguro seguro seguro) non acertou a dicir nada máis que remordimientos.  Semella que se hai algo compartido entre os artístas (entre os de éxito e os máis anónimos) é a inseguridade pola propia valía, e o medo perpetuo a non pasar nunca de ser un imitador mediocre ou simplemente un impostor.

Sobre iso e sobre a natureza mesma da arte ten escrito e filmado máis dunha boa película o director estadounidense Woody Allen,  que en Midnight in Paris reincide, e de xeito maxistral, no mesmo tema, encarnado desta volta o seu personaxe, mito cinematográfico xa a estas alturas, polo actor Owen Wilson.

Non vos podedes perder esta comedia romántica con aroma a cinema clásico se queredes ademáis, ver o que pode dar de si a insatisfacción crónica na que transcorre a vida e a cara que se lle puxo a Luis Buñuel cando un descoñecido lle explicou o argumento de El ángel exterminador.

Advertisements