O grupo da sección bilingüe de 2º da E.S.O. do I.E.S. As Barxas estrea un novo lip dub, desta volta con Only you, un clásico do tecno pop dos 80 dos Yazoo, o duo formado por Alison Moyet e Vince Clarke.

Seguimos recomendando esta actividade, que consiste na dramatización dunha canción xa existente, ou versioneada mediante a contrafacta (algo moi típico dos lip dubs galegos), onde a sincronía co son pregravado é crucial.

Este é xa o segundo lip dub deste grupo, Moitos parabéns para estes chavales co  (raro) vicio de facer moito e sempre ben.