UntouchableHC-jpgOs libros de biografías máis ou menos autorizadas sobre os mitos ou os motores do que coñecemos como música popular urbana, estanse convertendo nas miñas lecturas de lecer.  Esas que se din para non pensar (como se fai iso?), para as noites, para antes de durmir.

O último que lin medio a chimpos foi Untouchable, the strange life and tragic death of Michael Jackson, (Intocable, a estrana vida e a tráxica morte de Michael Jackson) de Randall Sullivan. A chimpos porque o que realmente a min me resulta interesante deste tipo de literatura é cando hai espazo para o importante: Como foi o proceso artístico que seguiu o músico ata atopar o seu propio estilo,  a súa propia voz?  Cales son as claves da xénese do repertorio?  Como se gravou?

Por iso, ante a sucesión trepidante de escándalos, controversias, procesos xudiciais e cifras mareantes acabei por saltar de aquí para alá contaxiado pola irrealidade do mundo arredor da vida e da obra (aquí moi en segundo plano) de Michael Jackson.   Desde os seus comezos nos Jackson 5 ata a súa morte esta semifábula da ascensión e a caída do (super)heroe da cultura popular ben merecería un contraste, mais, con todo, teño que recoñecerlle o feito de decubrirme o acabadas que chegaban as maquetas dos seus éxitos da casa de Michael ao estudio de gravación.  Escoitade a de Billie Jean:

Advertisements