Variedades


cartel-brumario-VCoa inauguración da exposición Historias mínimas, que amosa esculturas de Suso Dobao e Verónica Pérez, comezou onte o V Brumario poético, que a Fundación Cuña-Casasbellas leva a cabo na cidade de Pontevedra.

Unha cita ineludíbel coa poesía, coa música e co teatro que xa forma parte da paisaxe cultural do noso país.  Na miña axenda apunto e subliño o 4 de decembro, entón vaise estrear no Teatro Principal o oratorio Mantis.

Pablo SeoaneDebeu ser no ano ´93 cando lle levei por primeira vez  unha guitarra para que ma arranxara. Era unha Ibanez electroacústica, non lembro o que tiña.  Máis tarde salvoume dun apuro tremendo cando a electrónica da miña Washburn (meu deus que mal me saira aquela guitarra) volvía a dar problemas a un día dun concerto crucial na Feira das Mentiras de Manu Chao. Pablo fíxolle un apaño dos que el facía: profesionalmente impecable.  El mesmo levouma a onde ía celebrarse o concerto escenificando un deses salvamentos no último minuto, todo amabilidade e modestia verdadeira. Últimamente ocupábase dunha Godin coa que ando desde fai case 9 anos.  

Con Pablo sentías que contabas cando ninguén contaba contigo.  Logo seguía facéndote sentir o mesmo, arroupándote coa súa voz doce, coa súa modestia verdadeira. Morreu fai uns días. Tiña 60 anos. Ao seu enterro en Conxo, Santiago,  foi moita xente. Ademáis de luthier era o xefe de talleres da Axencia Galega de Industrias Culturais.

Esa foto da axencia EFE  faille xustiza ao bo de Pablo.  Tiña pendente postear desde fai días. Entre os borradores do meu blog hai un intento sobre a salvaxe política israelí en Palestina e outro sobre o asunto de Galicia Bilingüe, (os manifestantes, os contramanifestantes…).  Mais entendede que antepoña a todo iso falar de xente boa e seria como Pablo Seoane.  Descansa en paz amigo. Déixasnos a tod@s un pouco orfos.

think_culture_logo_top_31

 A biblioteca multimedia on line da Unión Europea tardou en bloquearse o tempo que tardou en saberse da súa posta en marcha: un chío. Non é pouco o interese que desperta ter acceso aos fondos bibliográficos e fílmicos, aos arquivos e aos fondos museísticos máis espectaculares de Europa, seica chegaron a ter 10 millóns de entradas nuha hora! 

Mais xa está en marcha de novo, premede no logo de arriba e listo.

 

todos-somos-palabras4
Unha sorpresa estupenda foi descubrir "Poesía para a vida", un libro escrito e ilustrado polo alumnado dos centros de primaria do concello de O Grove Ceip Valle Inclán, Ceip Conmeniño, Ceip As Bizocas e Ceip Rosalía de Castro.  A edición, moi chula, é cousa da Fundación Sotelo Branco e contan coa colaboración da asociación para a prevención e loita contra a droga Érguete.
A calidade dos poemas e dos debuxos é impresionate, con ese facer sen o ruído de facer que tan ben se lle dá aos nenos.  Non sei se o teñen previsto os de Sotelo Blanco pero penso que sería unha pena que este libro non tivera a difusión que merece a través dunha edición comercial.
Olliño que a poesía anda moi viva en O Grove.


A Fundación Cuña-Casasbellas de Pontevedra está en plena celebración do seu Brumario poético.  A fundación “encargada de reunir, preservar, promover e difundir a obra literaria, artística e social de Manuel Cuña Novás e de Jorge Cuña Casasbellas propónnos exposicións, recitais, relatorios e  músicas en torno á poesía, o humanismo e a rebeldía.

Tuven a sorte de coñecer a Jorge e de compartir con el momentos divertidos e sempre interesantes. Como aquelas conversas en torno á métrica poética e a musical ou aquelas tertulias no Murphy´s. Á algunhas das persoas que desde o seu pasamento manteñen viva a súa memoria únenme afecto e lembranza. Estas son luces para o outono. Que non falten.

Poesía sen fronteiras ata o 5 de decembro.

              [splashcast c MIPO5360YC]

Os poemas son de Jorge Cuña, extraídos de “Hipofanías”, Ed. La Campana.

As cerámicas son de Suso Dobao

A música de Charles Ives, “Unanswered question”

Saúde!

                     foto-7.jpg 

Non se me ocurreu mellor cousa que  ” Bo día”.

Benvid@s ao meu blog. Disque un non é ninguén nestes días sen un blog.  Aínda que mais ben habería que dicir que un non é niguén nestes días sen repercusión pública. Exasero? Claro que si. De todas maneiras é estupendo poder contar cunha ferramenta coma esta.  Un fai por apetito. Un fai por darse e recibir algo a cambio.  Aínda que na maioría das ocasións un fai por que non facer é moi aburrido.

Neste caso fago por levar un diario do meu traballo como músico e como profesor de música. Como letrista e como compositor e arranxista. Como oínte e lector, como ser ávido sen remedio. 

A miña máis importante labor como autor, ata o de agora,  a desenvolvín como guitarrista do grupo folk Liorna, cos que editei 3 discos antes de desvincularme do proxecto.  Neste momento estou escribindo un libro de música Orff para  Edicións do Cumio.  Trátase dun traballo adicado principalmente a proporcionar recursos didácticos para mestres e profesores de música que imparten ensinanzas en primaria e secundaria.  

A idea do libro xurdíu do traballo que desenvolvo como profesor de música e como director da Orquestra Orff do IES As Bizocas de O Grove que fundei durante o curso 2006/07 coa excusa do Certame de poesía Xosé A. Barral que cofundamos a miña muller e máis eu como membros do equipo de biblioteca do instituto. Si, moitas cousas.  Pero a maioría das veces, un fai por que non facer é moi aburrido.