gañadora concurso debuxo andaina

Entre os 250 traballos presentados polo alumnado de primaria do concello de Redondela e bisbarra, éste de Nerea Quintillán Martínez, de 5º curso do CEIP Alexandre Bóveda, de Chapela, foi o que os do xurado eleximos como gañador do primeiro Premio Andaina de debuxo.

Esas mans pequenas, tan vivas nesa composición tan ben feita, serven como metáfora da diferenza, como celebración da diversidade.

Parabéns á gañadora e a todas-os participantes, a decisión non foi nada doada!

Novo lip dub do Obradoiro Músicasbarxas.  Desta volta a bossa nova  (Joao Gilberto!) e unha fala inventada que imos chamar wachuwei, serve de vehículo a un proxecto que é recreación da (triste) realidade.

Parabéns moitos aos chavales de 4º AB da E.S.O. que mesmo gravaron a súa propia versión, podedes escoita-la nos títulos de crédito, e parabéns tamén ao alumnado doutros cursos que participou voluntariamente nesta divertidísima aventura; Álvaro, Jenni, Iria, Tatiana, Rubén, Álex…

Aí vai!

Alex Táboas, de 2º da E.S.O., presenta agora as súas variacións desplegando poderío e musicalidade; talento, descaro na interpretación e paixón verdadeira, case nada.  Como os bos músicos, Alex toca con todo o corpo, sinte e fai sentir.

Integrado dentro da serie Crea clips, do Obradoiro Músicasbarxas, este exercizo non deixa de darnos alegrías. Os de Moaña podedes estar tranquilos, a canteira de estrelas da música non deixa de producir.  En breve, máis.

Que o disfrutedes!

programación redondela en curtoE faino mañá mesmo no Multiusos da Xunqueira cunha sección Andaina cada un dos días de proxección.  Mellor non podía comezar a colaboración da nosa asociación coa organización deste festival redondelán, de ámbito nacional, que nesta edición conta coa participación de máis de 600! curtas.  Dentro del haberá un espazo adicado a obras audiovisuais centradas na atención á diversidade e á inclusión social da non sei se ben chamada (supoño que non) discapacidade.

Eu, que tiven a sorte de ver xa as curtas que se van proxectar nesa sección, anímovos a que non faltedes no apoio a unha cita que é xa referencia no panorama cultural galego e alén.

Non teño máis que palabras de agradecemento a todas e a todos no festival, en especial para o seu director, Francisco Carreira.

Premendo na imaxe da esquerda accededes a toda a programación.

Tempo agora para a aportación de Sebastián Pérez, o segundo alumno en gravar as súas variacións sobre o valse das Bizocas, dentro da serie Crea Clips do Obradoiro Músicasbarxas.

As de Sebastián son as dun chaval sen máis estudos musicais que os recibidos en primaria (exiguos), que ademáis non tivo música en primeiro da secundaria, polo que, na práctica, é case coma se comezara de novo.  Por iso hai que darlle todo o valor que merece o seu traballo; catro variacións para frauta de bico, a súa de plástico de dixitación alemana, nas que sorprende, especialmente na segunda, pola súa natural capacidade para deixar que a música respire en todas e en cada unha das notas.

Parabéns Sebas, outro dez!

andaina debuxo def

Que contentos estamos os da Asociación Andaina de familias de nenas e nenos con necesidades educativas especiais, nada menos que 250 foron os orixinais que hoxe mesmiño tivemos nas mans os do xurado deste certame de debuxo, que pretende educar na diversidade ao alumnado de primaria do concello de Redondela e limítrofes.

Abraiados pola cantidade mais tamén pola calidade dos traballos presentados e agradecidos aos centros participantes; ao Ceip Alexandre Bóveda, ao Colegio Vigo, ao Cep Santa Mariña e ao Ceip Outeiro das Penas, e moi especialmente aos futuros médicos, electricistas, coidadores, mestras, mestres  e compañeiros dos nosos fillos, que amosaron sensibilidade e talento a partes iguais.

O premio farase público o vindeiro 28 de abril, nun acto a celebrar no Multiusos de Redondela.

Xa de volta de Santiago, da ponencia que presentamos na I Xornada do Proxecto Abalar os do Audiovisual As Barxas, déixovos como mostra a presentación (con mini video incluído) da miña parte, a que corresponde á parte musical da nosa iniciativa.  Grazas outra vez aos asistentes, por ter elexido a nosa experiencia de entre as tres que simultáneamente estábanse celebrando. Prometemos seguir e seguir e seguir.

Para realizala empreguei Keynote, o software equivalente a Powerpoint de Apple. Se queredes seguila ben recoméndovos que esteades atentos aos cambios de páxina e premades na pausa para non perder detalle.