manuel camaraTivemos dúbidas este ano sobre que canción empregar para axudar a concienciar sobre o trastorno do espectro do autismo, que ten o noso fillo Manuel.

Primeiro pensamos nunha canción expansiva, desas de retrouso, como A casa dos avións, pero eu non tiña unha boa idea para facer o video.  Si a tiña (ou iso pensaba) para Son o teu medo, unha peza de música amable e texto duro, que tamén vai ir incluída en Azul, o disco que escribín xunto coa miña muller sobre o autismo, no que sigo traballando, agora coa compañía de músicos como Aleixo Jablonski e Franc Gorriz, Montse Ogando e Victor A. Castro; a banda coa que imos presentalo en directo.

Son o teu medo fala sobre o que sintes ao pouco de recibir o diagnóstico, cando pasas meses cunha punzada no peito, literalmente, e eres máis consciente que nunca da túa propia mortalidade, e pensas en que vai pasar cando ti non esteas para protexer e coidar ao teu fillo con autismo.

A idea para o video consistía en empregar unha cámara que Manuel poidese levar e achegarmos á realidade que só é visible a través del.   Unha realidade que só é completa coa aportación das persoas con diversidade funcional.

Advertisements

Como todos os anos, presentamos nestas datas un video – canción do proxecto audiovisual A canción de Manuel, co que pretendemos axudar a concienciar sobre o Trastorno do espectro do autismo, que afecta ao noso fillo máis vello.

Podedes ver o diario de toda a iniciativa no blog de Alto alto como una montaña.

Moito que facer aínda, moito que aprender.

programación redondela en curtoE faino mañá mesmo no Multiusos da Xunqueira cunha sección Andaina cada un dos días de proxección.  Mellor non podía comezar a colaboración da nosa asociación coa organización deste festival redondelán, de ámbito nacional, que nesta edición conta coa participación de máis de 600! curtas.  Dentro del haberá un espazo adicado a obras audiovisuais centradas na atención á diversidade e á inclusión social da non sei se ben chamada (supoño que non) discapacidade.

Eu, que tiven a sorte de ver xa as curtas que se van proxectar nesa sección, anímovos a que non faltedes no apoio a unha cita que é xa referencia no panorama cultural galego e alén.

Non teño máis que palabras de agradecemento a todas e a todos no festival, en especial para o seu director, Francisco Carreira.

Premendo na imaxe da esquerda accededes a toda a programación.

radio redondela

Seguimos recopilando o feedback recibido por A canción de Manuel, desta volta deixo a entrevista que a xornalista María Jesús Queimaliños me realizou en Radio Redondela, unha oportunidade para compartir e difundir información e a nosa experiencia co autismo do noso fillo, con especial atención á necesaria integración social, nomeadamente no ámbito da educación, e á atención sanitaria especializada que precisan as persoas como Manuel.

Moitas grazas pola oportunidade!

 

 

a canción de Manuel tvgTempo haberá para recapitular todo o feedback que un ano máis estamos recibindo a resultas de A canción de Manuel, un proxecto de concienciación do Transtorno do espectro autista, que a través do audiovisual levamos adiante a miña muller e máis eu, do que vos veño falando nos últimos días.

De entre as publicacións e entrevistas que estamos realizando deixamos agora a presentación que o mesmiño telexornal da televisión pública galega fixo na edición de hoxe.

Premendo na imaxe accededes ao video.  Aí andamos.

É hoxe, 2 de abril, unha data que a miña muller Olga e eu agardábamos.  A pouco de facer un ano desde que o noso fillo Manuel ten o diagnóstico definitivo de Transtorno de Espectro Autista, teimábamos sobre como aportar algo á loita pola integración das persoas con autismo, á loita por derrubar os falsos mitos que o arrodean e por valorar o traballo constante de tantas familias que conviven con el.

O resultado é este video con canción que vos animamos a compartir.