Lendo a última convocatoria de axudas a proxectos tic da Consellería de Educación e O. U. para o vindeiro curso 2008-2009 un pode interpretar que tal vez xa non sexa posible seguir pensando as aplicacións informáticas (procesador de textos, programa de presentacións, os específicos de cada materia, etc) coma un fin e non coma un medio ou seguir empregando a internet coma a televisión ou un teletexto sofisticado.
Atopei esta conferencia en ´agora rede, unha comunidade que aposta polo intercambio de experiencias e ideas co obxectivo de incorporar as tecnoloxías da información e comunicación na práctica docente. Quizais sexa ese un dos retos máis estimulantes que temos xa diante nosa.
De todo isto nos fala Jordi Adell na conferencia: Actividades didácticas para o desenvolvemento da competencia dixital. Unha estupenda introducción para entendermos mellor o que está acontecendo.