Na IV edición do Festival Música nas túas palabras non podía faltar Iago SoWel Fontoira, alumno de 3º da E.S.O. do I.E.S. As Bizocas.

Levaba semanas dicíndome o satisfeito que estaba coas súas novas letras, co ben que casaban coas bases, cos bolos que lle estaban saíndo en Vigo, en Pontevedra…mostroume o seu traballo e non dubidei en invitalo a participar no festival.  A súa aportación resultou un éxito tremendo.

Deixóunos coa boca aberta con este estralo de galeguidade nunha das súas variantes máis combativas e orgullosas, a meca.

Parabéns e que non pare meus!

Por certo, sensacional o plano que escolleu Menchu, a profe de plástica que tanto e tan ben leva colaborado neste proxecto.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

Mañá 22 de xuño, imos celebrar a cuarta edición do festival Música nas túas palabras no que a Orquestra Orff IES As Bizocas vai ter unha nova oportunidade de presentar ante o público o seu repertorio.

Desta volta o programa está repleto das músicas de Jos Wuytack e tampouco vai faltar A lúa parece azul…, o poema gañador do IV Certame de poesía Xosé A. Barral, escrito pola alumna do IES nº1 de A Estrada Minerva Cao Puente.

A cita, ás 20:00 h, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey de O Grove.

Déixovos a invitación, por se vos animades.

Hoxe, coa axuda do persoal subalterno e administrativo do I.E.S. As Bizocas; de Marta, Rosa e Julio, quedaron preparados os lotes de poemas para enviar aos membros do xurado do IV Certame de poesía Xosé A. Barral, que vaise fallar o 19 deste mes.

Chegaron de Lugo, de Malpica, de Betanzos, da Estrada, de Santiago, moitos de Vilalonga, de Sanxenxo.  En total son 66 os poemas presentados ao concurso, o que supón un novo record de participación e folgos renovados para levar adiante toda a tarefa que queda ata o vindeiro Música nas túas palabras.

Mil e unha grazas a tod@s, e non abondan.

Para traducir ao castelán ou ao portugués

No pasado maio o equipo de normalización lingüística do IES As Bizocas organizou unha semana cultural co gallo das letras galegas que incluíu moi interesantes conferencias como esta ofrecida por Luis Rei Núñez, responsable da Casa da Cultura de Cambados e director da revista galega de cultura marítima e fluvial Ardentía, onde un pode atopar artigos estupendos como este sobre toponimia da auga e as súas marxes que desvela universos próximos como o que podedes ver nesta captura de pantalla:


Luis Rei, especialista destacado na vida e na obra de Ramón Cabanillas,  aparece acompañado no video por Antonio Fernández Salgado, profe de galego no noso instituto.