A escena do audiovisual escolar galego segue a medrar e a consolidarse, achegando ao ensino novas estratexias que non deixan de dar bos e abundantes froitos. Desta volta coméntovos unha iniciativa saída directamente dun grupo de profes, Rodaxe.
O sábado pasado, na casa de cultura de A Cachada, en Ribeira, déronse os premios da terceira edición do Olloboi, que quedaron así: O premio Impinxidela, de fomento da lingua galega foi para A saia de Carolina, do I.E.S. María Soliño, de Cangas; 0 do público para Biblioman, -unha crónica do duro que pode chegar a ser o traballo de responsable dunha biblioteca escolar- do I.E.S. Fontem Albei, de A Fonsagrada; o gañador do primeiro premio do Olloboi escolar foi para Contradanza, do alumno do I.E.S. As Barxas de Moaña, Adrián Martínez, e o máis alto galardón foi para Tourettes, do Centro Integrado de Formación Profesional A Farixe, de Ourense, que podedes ver sen ir máis lonxe deste blog.