O pasado 24 de setembro, cun repertorio baseado exclusivamente en W.A.Mozart, abríuse en Santiago, no Auditorio de Galicia, a nova programación da orquestra Real Filharmonía que dirixe Antoni Ros Marbá.

Na miña axenda apunto, entre outras datas, o 23 de decembro (a misa nº3 de Bruckner, porque é unha gran obra e porque eu teño algo especial con Bruckner…), o 13 de xaneiro (coa segunda de Brahms e o concerto para violín nº2 de Bartók) e o 20 dese mesmo mes (a terceira de Mahler).

Déixovos de mostra a Sergiu Celibidache tocando o ceo co Agnus dei da Misa nº3 de Anton Bruckner.

real-filharmoniaCun concerto que terá lugar mañá, na catedral de Santiago de Compostela, estréase a nova tempada da orquestra Real Filharmonía de Galicia.  A programación, que tamén conmemora o 20 aniversario do Auditorio de Galicia, inclúe un concerto con Ute Lemper o vindeiro xoves 29, un man a man entre Schoenberg e Mozart o 26 de novembro (se cadra non é tan raro, será moi interesante escoitar a Noite transfigurada do primeiro e a Sinfonía nº 41, Xúpiter, do segundo, unha despois da outra), o Oratorio de Nadal de J. S. Bach xusto antes de comezaren as festas, ou o concerto para violoncello nº 2 de Shostakovich.

Mahler, Debussy, Urrutia, Mompou, Ravel, as Variacións atlánticas de García Abril, Honegger, Beethoven, a Fantasía sobre unha sonoridade de Händel de Cristóbal Halffter, Schubert, Scriabin, Chopin…é certo: a música tamén hai que vela.