cartel-brumario-VCoa inauguración da exposición Historias mínimas, que amosa esculturas de Suso Dobao e Verónica Pérez, comezou onte o V Brumario poético, que a Fundación Cuña-Casasbellas leva a cabo na cidade de Pontevedra.

Unha cita ineludíbel coa poesía, coa música e co teatro que xa forma parte da paisaxe cultural do noso país.  Na miña axenda apunto e subliño o 4 de decembro, entón vaise estrear no Teatro Principal o oratorio Mantis.


A Fundación Cuña-Casasbellas de Pontevedra está en plena celebración do seu Brumario poético.  A fundación “encargada de reunir, preservar, promover e difundir a obra literaria, artística e social de Manuel Cuña Novás e de Jorge Cuña Casasbellas propónnos exposicións, recitais, relatorios e  músicas en torno á poesía, o humanismo e a rebeldía.

Tuven a sorte de coñecer a Jorge e de compartir con el momentos divertidos e sempre interesantes. Como aquelas conversas en torno á métrica poética e a musical ou aquelas tertulias no Murphy´s. Á algunhas das persoas que desde o seu pasamento manteñen viva a súa memoria únenme afecto e lembranza. Estas son luces para o outono. Que non falten.

Poesía sen fronteiras ata o 5 de decembro.

              [splashcast c MIPO5360YC]

Os poemas son de Jorge Cuña, extraídos de “Hipofanías”, Ed. La Campana.

As cerámicas son de Suso Dobao

A música de Charles Ives, “Unanswered question”

Saúde!